Ir al contenido
Logotipo del Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Logotipo de la Intervención General de la Administración del Estado.
Administración Presupuestaria
  • Inicio
  • > INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos persoais facilitados mediante o seguinte formulario serán tratados polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado coa finalidade da investigación de irregularidades e casos de fraude aos intereses financeiros da Unión Europea e, no seu caso, para a tramitación dos procedementos legalmente establecidos para efectos de esixir as responsabilidades que en cada caso procedan. Poderá exercer os seus dereitos ante o responsable do tratamento. Antes de enviar ao formulario debe ler a información adicional sobre protección de datos, regulada en Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

RESPONSABLE DO TRATAMENTO:

Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado. antifraude@igae.hacienda.gob.es.

DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS:

Subdirección Xeral de Coordinación da Información, Datos, Servizos Web e Transparencia. C/ Alcalá 9, 28071. Madrid. Dpdhacienda@hacienda.gob.eshttp://www.hacienda.gob.es

FINS DO TRATAMENTO:

Investigación administrativa de irregularidades e casos de fraude aos intereses financeiros da Unión Europea e, no seu caso, para a tramitación dos procedementos legalmente establecidos para efectos de esixir as responsabilidades que en cada caso procedan.

BASE XURÍDICA DO TRATAMENTO:

RGPD: 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento.

De conformidade co artigo 8 da LOPDGDD a base legal susténtase entre outras normas:

  • Apartado 2 a) da disposición adicional 25ª da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Artigo 21.3 do Real Decreto-lei 36/2020, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

DESTINATARIOS DOS DATOS:

Están prevista a comunicación a Órganos e entidades públicas, á Oficina Europea de Loita contra a Fraude, ao Ministerio Fiscal e á Fiscalía Europea. Sen prexuízo que ademais poidan ser comunicados a outras autoridades públicas en cumprimento dunha obriga legal e no exercicio das súas competencias.

TRANSFERENCIAS DE DATOS:

Non está prevista ningunha transferencia internacional de datos.

PRAZO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS:

Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron solicitados e para determinar as posibles responsabilidades derivadas da esta finalidade.

Finalizado este período, a súa conservación estará supeditada á súa posible consideración como arquivo documental, de conformidade co disposto na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, e no Real Decreto 1708/2011, do 18 de novembro, polo que se regula o Sistema Español de Arquivos, así como a xestión documental do Ministerio de Facenda.

DECISIÓNS AUTOMATIZADAS:

Non existen decisións automatizadas.

DEREITOS DO INTERESADO:

O interesado pode exercer, cando procedan, os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición do tratamento dos datos (e a oporse á adopción de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, que produzan efectos xurídicos sobre el ou lle afecten significativamente de modo similar, de acordo con o previsto no artigo 22 do Regulamento (UE) 2016/679) dirixíndose ao responsable do tratamento de forma presencial en calquera das oficinas da rede de asistencia en materia de rexistros (https://administracion.gob.es) ou a través da sede electrónica do Ministerio de Facenda.

Dereito a reclamar:

Ante o Delegado de Protección de Datos, de forma previa e potestativa

Ante a Axencia Española de Protección de Datos. C/ Jorge Juan 6, 28001 MADRID