Rexistro contable de facturas
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e a AGE (FACe)
Rexistro administrativo.
Tramitación de facturas
Rexistro contable de facturas
Como funciona?
As facturas serán presentadas nun rexistro administrativo que as remitirá á oficina contable para a súa anotación no rexistro contable de facturas, no caso de facturas electrónicas a través do punto xeral de entrada de facturas electrónicas da AGE producindo un asento no rexistro electrónico común. A oficina contable anotará no rexistro contable de facturas todas as facturas, tanto en papel como electrónicas, coas exclusións previstas na lei e na orde de desenvolvemento. Como consecuencia desta anotación xerarase un código de identificación da factura no rexistro contable de facturas que deberá acompañar a factura na súa tramitación.
As facturas anotadas no rexistro contable de facturas e validadas pola oficina contable serán distribuídas ás unidades tramitadoras que correspondan para tramitar, se procede, o procedemento de conformidade coa entrega do ben ou a prestación do servizo realizado por quen expediu a factura e proceder ao resto de actuacións relativas ao expediente de recoñecemento da obriga.
As unidades tramitadoras dos expedientes en que se deban integrar as facturas indicarán ou comunicarán ao rexistro contable de facturas a súa conformidade ou desconformidade coa factura, procedendo no primeiro caso á emisión do recoñecemento da obriga e no segundo caso á súa devolución a través da oficina contable.
O rexistro contable de facturas, igualmente, facilitará ás oficinas contables a realización de requirimentos periódicos con respecto a aquelas facturas pendentes de recoñecemento de obriga.
Como é o módulo RCF do SIC?
As oficinas contables, para os efectos da anotación das facturas no rexistro contable de facturas, e da xestión de requirimentos dirixidos ás unidades tramitadoras.
As unidades tramitadoras, para os efectos da comunicación da conformidade ou desconformidade coa factura, e para o seguimento dos requirimentos.
¿Cómo es el módulo RCF de SIC?
Forma parte do SIC'3. Son prestacións adicionais que se incorporaron ao SIC'3.
Que campos necesita?
A resposta a esta cuestión fica establecida no artigo 5 do Proxecto de orde polo que se regulan os requisitos funcionais e técnicos do rexistro contable de facturas.
As facturas remitidas polo rexistro administrativo serán rexistradas pola oficina contable no rexistro contable de facturas, asignando a cada unha un código de identificación da referida factura no citado rexistro contable, que a acompañará na súa tramitación.
No caso das facturas electrónicas a información obxecto de rexistro que debe ser remitida ou posta a disposición polo correspondente punto xeral de entrada de facturas electrónicas por cada factura será a propia factura electrónica, o número de asento rexistral asignado no rexistro asociado ao mencionado punto, e a data e hora do antedito asento rexistral.
En el caso de las facturas en papel, la oficina contable generará un apunte en el registro contable de facturas, por cada factura recibida, capturando por cada factura al menos la siguiente información:
No caso das facturas en papel, a oficina contable xerará un asento no rexistro contable de facturas, por cada factura recibida, capturando por cada factura polo menos a seguinte información:
-
Data de expedición da factura.
-
Data de presentación da factura no rexistro administrativo.
-
Número de identificación fiscal ou número de identificación equivalente do expedidor da factura.
-
Nome e apelidos, razón ou denominación social completa do obrigado a expedir factura.
-
Número de factura e, se for o caso, serie.
-
Importe da operación, incluído IVE (ou imposto equivalente).
-
Unidade monetaria en que está expresado o importe, de acordo coa codificación ISO 4217 Alpha-3.
-
E código de órgano competente, unidade tramitadora e oficina contable indicados na factura, de acordo co directorio DIR3 de unidades administrativas xestionado pola Secretaría de Estado de Administracións Públicas.
Igualmente, poderase asociar unha copia dixitalizada da factura en papel.
As facturas, tanto electrónicas como en papel, recibidas no rexistro contable de facturas, antes da súa distribución aos correspondentes órganos competentes para a súa tramitación, serán obxecto de validación pola oficina contable. Se detectar datos incorrectos ou que impediren a súa distribución aos anteditos órganos competentes, ou que as facturas non corresponderen a ela, rexeitaraas, devolvéndoas ao rexistro administrativo de procedencia con expresión da causa do referido rexeitamento, quedando constancia no propio rexistro contable de facturas.
Accesos á Intervención Delegada?
De acordo co art. 12 da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público, publicada no BOE o 28 de decembro de 2013: a IXAE (IGAE) terá acceso á documentación xustificativa, á información que conste no rexistro contable de facturas e á contabilidade en calquera momento.
Accesos á AEAT?
A AEAT non terá acceso ao rexistro contable de facturas. Agora ben, de acordo co art. 13 da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público, publicada no BOE o 28 de decembro de 2013: Os rexistros contables de facturas remitiranlle á Axencia Estatal de Administración Tributaria, por vía telemática, aquela información sobre as facturas recibidas, para asegurar o cumprimento das obrigas tributarias e de facturación cuxo control lle corresponda.
Como se grava a data de entrada no RCF?
Nas facturas que cheguen en soporte en papel haberá que capturar a data de entrada no rexistro, así como o resto de datos obrigatorios de forma manual.
No caso das facturas electrónicas a data de entrada no rexistro, así como o resto de datos se realizará de forma automática.
Como se grava a conformidade/desconformidade e a data de conformidade no RCF?
A unidade tramitadora anotará a conformidade ou desconformidade e a data correspondente, ben directamente sobre o rexistro contable de facturas de SIC'3 se non ten outros medios, ou sobre SOROLLLA2 que comunicará automaticamente esa información ao rexistro contable de facturas de SIC'3.
Cando se grava a data de recoñecemento da obriga no RCF?
A anotación da data de recoñecemento da obriga no rexistro contable de facturas de SIC'3 producirase de forma automática no momento do rexistro contable da obriga recoñecida, para o cal é indispensable que o documento contable conteña os códigos de identificación das facturas asignadas polo rexistro contable de facturas.
Cando se grava a data de pagamento no RCF de SIC'3?
A anotación da data de pagamento no rexistro contable de facturas de SIC'3 producirase de forma automática no momento do pagamento material
Integración del RCF de SIC'3 con SOROLLA2
SOROLLA2 e o RCF de SIC'3 están integrados para a descarga automática das facturas electrónicas recibidas e validadas no rexistro contable de facturas que correspondan á unidade tramitadora, e para a anotación da conformidade ou desconformidade, tanto das electrónicas como as de papel, a través de SOROLLA2.
Integración do RCF con SIC'3
O rexistro contable de facturas é unha parte de SIC'3. Polo tanto todas as operacións contables de obriga recoñecida e de pagamento quedan automaticamente reflectidas no rexistro contable de factura.
Novos datos que hai que incorporar nas facturas para o seu rexistro no RCF de SIC'3
De acordo coa disposición adicional trixésimo terceira do TRLCSP, introducida pola disposición final sétima da Lei 11/2013, do 26 de xullo, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego "nos pregos de cláusulas administrativas para a preparación dos contratos que se aproben a partir da entrada en vigor da presente disposición, incluirase a identificación do órgano administrativo con competencias en materia de contabilidade pública, así como a identificación do órgano de contratación e do destinatario, que deberán constar na factura correspondente".
Isto é, se cabe, máis importante no caso da factura electrónica en que as devanditas unidades teñen que quedar identificadas mediante o correspondente código DIR3 do directorio de unidades administrativas.
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e a AGE (FACe)
Integración do RCF de SIC'3 con FACe
O rexistro contable de facturas recibirá automaticamente as facturas electrónicas desde FACe, sen prexuízo da súa validación posterior pola oficina contable.
Actuacións das unidades tramitadoras en FACe
Cada unidade tramitadora que estea preparada para a recepción de facturas electrónicas debe ocuparse de que a propia unidade tramitadora e os órganos xestores aos que dá servizo estean dados de alta no directorio DIR3 de unidades administrativas, ademais da oficina contable que corresponda.
Aínda que non estará dispoñible a primeiros de xaneiro, preténdese que FACe asuma a información sobre os órganos xestores e unidades tramitadoras preparados para a recepción de facturas electrónicas, mediante sincronización automática a partir das táboas que se xestionen directamente en SIC'3.
Non obstante, este proceso de sincronización automática non estará dispoñible a principios de xaneiro polo que, se o organismo o desexa, debería ocuparse de telos dados de alta no directorio DIR3 de unidades administrativas.
Encóntrase totalmente desenvolta a integración FACe - Sorolla2-RCF?
Ao longo do mes de xaneiro vai estar dispoñible esta interrelación FACe-Rexistro contable de SIC'3 - SOROLLA2, posiblemente con algunha limitación como a indicada da sincronización de unidades do rexistro contable de facturas con FACe.
Advírtese, non obstante, que SOROLLA2 non se interrelaciona directamente con FACe, senón sempre a través do rexistro contable de facturas de SIC'3.