Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Intervención General de la Administración del Estado.
Administración Presupuestaria

Actuacións do órgano competente en materia de contabilidade

Rexistro contable de facturas. Actuacións do órgano competente en materia de contabilidade

 

O órgano competente en materia de contabilidade, ademais das actuacións de anotación das facturas, tanto electrónicas como en papel, no rexistro contable de facturas, e da súa distribución aos órganos administrativos destinatarios destas, de acordo co artigo 10 da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público, publicada no BOE o 28 de decembro de 2013, realizará as seguintes actuacións:
  • Requirimentos periódicos de actuación con respecto ás facturas pendentes de recoñecemento de obriga, que serán dirixidos aos órganos competentes.
  • Elaboración dun informe trimestral coa relación das facturas con respecto aos cales transcorresen máis de tres meses desde que foron anotadas e non fose efectuado o recoñecemento da obriga polos órganos competentes. Este informe será remitido dentro dos quince días seguintes a cada trimestre natural do ano ao órgano de control interno.