Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Intervención General de la Administración del Estado.
Administración Presupuestaria

Presentación

O Servizo Nacional de Coordinación Antifraude é o órgano encargado de coordinar as accións encamiñadas a protexer os intereses financeiros da Unión Europea contra a fraude en colaboración coa Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF).

Atópase integrado na Intervención Xeral da Administración do Estado e, de acordo coa disposición adicional 25ª da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, correspóndenlle as seguintes funcións:

  1. Dirixir a creación e posta en marcha das estratexias nacionais e promover os cambios lexislativos e administrativos necesarios para protexer os intereses financeiros da Unión Europea.
  2. Identificar as posibles deficiencias dos sistemas nacionais para a xestión de fondos da Unión Europea.
  3. Establecer as canles de coordinación e información sobre irregularidades e sospeitas de fraude entre as diferentes institucións nacionais e a OLAF.
  4. Promover a formación para a prevención e loita contra a fraude.