Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Intervención General de la Administración del Estado.
Administración Presupuestaria

Informe sobre o período medio de pagamento a provedores

O artigo 6.1 do Real decreto 635/2014, do 25 de xullo, por que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pagamento a provedores das administracións públicas e as condicións e o procedemento de retención dos recursos dos réximes de financiamento previstos na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, establece que a Intervención Xeral da Administración do Estado calculará a información relativa ao período medio de pagamento a provedores da Administración central prevista no devandito artigo. Para dar cumprimento a este precepto, a IGAE publicará mensualmente esta información.