Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Intervención General de la Administración del Estado.
Administración Presupuestaria

Execución do orzamento.Organismos

​​O artigo 135 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria establece que, sen prexuízo da facultade das Cortes Xerais de solicitar do Goberno a información que estimen oportuna, a Intervención Xeral da Administración do Estado, con periodicidade mensual, porá a disposición das Cortes Xerais, a través da súa Oficina Orzamentaria, información sobre a execución dos orzamentos. Para dar cumprimento a este precepto elabórase esta publicación de acordo co contido establecido pola Orde EHA/2045/2011, do 14 de xullo, por que se aproba a instrución de contabilidade para a Administración Institucional do Estado.